RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Unha foto para #ANOSAHISTORIA

Riazor viviu esta mañá un momento para a historia: os primeiros equipos feminino e masculino posaron nunha foto conxunta para a eternidade.

As xogadoras do Deportivo Abanca e os xogadores do Dépor saltaron ao céspede do estadio para conformar unha imaxe que quedará unida para sempre á celebración do 110 aniversario do Club.

A temporada en que o RC Deportivo cumpre 110 anos de vida é a primeira na que conta con equipo feminino coa súa mesma denominación (na fusión co Karbo dos anos 80 o equipo engadiu o apelido Deportivo ao seu nome, mantendo o nome do colexio como principal) e tamén será a dunha fotografía inédita que desde xa é parte de #ANOSAHISTORIA.