RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Unha mala primeira parte condena ao Cadete en #ONOSODERBI da Fase polo Título da División de Honra

Unha mala primeira metade, que acabou cun provisional 3-0, foi decisiva para a derrota do Cadete ante o RC Celta (3-1) en #ONOSODERBI disputado en Vigo correspondente á 4ª xornada na Fase polo Título da División de Honra.

Tralo paso polos vestiarios, o Cadete mellorou e Dani Estévez recortou diferenzas no minuto 60, aínda que o partido xa estaba decantado definitivamente para os celestes.

Con este resultado e a falta de 2 partidos, o RC Celta suma 20 puntos á fronte da táboa por 17 do Cadete, segundo.

Cadete: Yago Moreira, Zoe, Hugo Torres, Adrián Vázquez, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noé, Mesfin, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: Jorge Oreiro, Jorge García, Juan Barros e David Carballo.

Este domingo 8 de maio ás 12:00, o Cadete visita no campo santiagués da Merced ao CD Conxo Santiago.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada son os seguintes:

Cadete 2 (Noé -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)
RC Celta 3 - Cadete 1 (Dani Estévez)