RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Unha semana para o comezo da Escola RC Deportivo 19-20 Participa!

Xa está todo preparado para o inicio do curso 2019/2020 da Escola RC Deportivo. A actividade, para a que xa hai máis dunha trintena de futbolistas inscritos, comeza o vindeiro venres día 18. Ademais, todos aqueles participantes que se inscriban antes do día 15 de outubro recibirán o primeiro día de adestramento de agasallo un equipamento DéporCampus Cabreiroá.

Antes do comezo das clases levarase a cabo unha pequena reunión informativa cos pais dos alumnos, este mércores día 16, na área 1906 do Estadio ABANCA - RIAZOR, a partir das 19:00 h.

Na reunión abordaranse os seguintes puntos:

1. Presentación da nova temporada.
2. Obxectivos e metodoloxía da Escola RC Deportivo.
2. Familiarización coa nova web e a plataforma.
3. Distribución de novos grupos.
4. Material.
5. Dúbidas e aclaracións.

A Fundación Real Club Deportivo pon en marcha, por segunda temporada consecutiva esta actividade na que se preparan, a cuberto, contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

Este novo curso arrincará, ademais, con moitas novidades:

  • Nova páxina web para a xestión da Escola (escola.rcdeportivo.es), con área privada para pais e alumnos, xestión de pagos e horarios, información personalizada do alumno...
  • Máis meses de clases: o curso desenvolverase desde outubro e até xuño (participación mínima na Escola: 1 mes)
  • Aumenta o arco de idade até os 14 anos (de 6 a 14 anos).
  • Esta temporada a sede principal trasládase ao campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus (Alvedro): ¿Como chegar?
  • Auméntase un día máis á semana, os luns únense a mércores e venres, e atrásase a hora de comezo ás 17:30.
  • Para garantir unhas condicións óptimas de adestramento e calidade, os grupos que non conten cun número suficiente de alumnos inscritos, non iniciarán a actividade e devolveranse os importes das preinscricións aos alumnos dados de alta neses grupos. Se así fose, os alumnos que o desexen poderán recolocarse noutros grupos para poder comezar os adestramentos naqueles grupos que si dispoñan de alumnos suficientes (máximo 20 alumnos por quenda). Pola contra, se prefiren esperar a que esa quenda ou grupo comece, inscribiranse nunha lista de espera onde se lles notificará cando poderán arrincar os adestramentos.
  • Os alumnos que xa participaron na Temporada 2018-2019 na Escola RC Deportivo non teñen que abonar matrícula, a condición de que conserven o equipamento Macron oficial e poidan acudir con ela aos adestramentos.
  • Ponse en marcha unha escola de porteiros para todos aqueles alumnos/as inscritas que desexen seleccionar esta demarcación na inscrición.
  • As inscricións levarán a cabo unicamente a través da plataforma da Escola RC Deportivo. Pódese consultar como realizar o proceso de inscrición descargando o seguinte documento

Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.