RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Unha vitoria e un empate, balance do Cadete B na primeira xornada do Mundial Sub-15 de Nantes

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA participan esta semana en torneos amigables en Nantes (Francia) o Cadete B; e en Stuttgart (Alemaña) o Benjamín A.

Así, o Cadete B compite desde hoxe na 40 edición do Mundial Sub-15 La Saint Pierre de Nantes. Xogou dous partidos, cun triunfo (2-1 ante o Sympho Foot Reillieres) e un empate (0-0 fronte ao Stade Rennais).

Juan Villamisar, técnico deportivista, aliñou o mesmo once nos dous partidos: Manu, Roque, Añón, Fito, Landeira, Pablo, Rares, Mario, Pol, Concheiro e Docarmo. No primeiro choque tamén xogaron: Jorge, Portas, Toni e Melide. Non houbo cambios no segundo partido.

O calendario do equipo na Primeira Fase, cos resultados de hoxe mércores, é o seguinte:

Mércores 19 de abril
CADETE B 2 (Pol e Rares) - SYMPHO FOOT REILLIERES 1
CADETE B 0 - STADE RENNAIS 0

Xoves 20 de abril
9:45: CADETE B - STEAUA BUCAREST (Estadio Saint Pierre)
14:30: CADETE B - AC BASSE GOULAINE (Estadio Du Pin Sec)
21:00: CADETE B - OLYMPIQUE DE MARSELLA (Estadio Saint Pierre)

O venres 21 de abril arrancará a Segunda Fase, segundo clasificación.

Pola súa banda, o Benxamín A quedou encadrado no grupo C da Orthopädikos Cup, con estes equipos: TSV Plattenhardt, FG Seckbach, TSF Ditzingen Weib e FC St. Pauli.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 22 de abril
9:19: BENXAMÍN A - TSV PLATTENHARDT
9:57: FC ST. PAULI - BENXAMÍN A
10:35: TSF DITZINGEN WEIB - BENXAMÍN A
11:51: BENXAMÍN A - FG SECKBACH

A partir de aí, e segundo clasificación, pasarase a unha Segunda Fase.