RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Unha vitoria e unha derrota, balance do Alevín A na primeira xornada da Arosa Fútbol 7

Os dous equipos alevíns do RC Deportivo e o Benxamín B afrontan desde hoxe venres torneos amigables en Vilagarcía de Arousa, Osnabrück (Alemaña) e Camariñas.

Así, o Alevín A compite na 22 edición da Arosa Fútbol 7, no campo da Lomba de Vilagarcía. O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo C, co Celta, Atlético de Madrid, Paris Saint-Germain e Xuventude de Oroso.

Na xornada de hoxe houbo dous partidos para os branquiazuis, con cara e cruz: triunfo sobranceiro sobre o PSG (3-2) e derrota contra o Xuventude de Oroso (1-3).

O calendario da Primeira Fase, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:

Venres 12 de maio
ALEVÍN A 3 (Carlos -2- e Zerfu) - PARIS SAINT-GERMAIN 2
XUVENTUDE OROSO 3 - ALEVÍN A 1 (Diego)

Sábado 13 de maio
15:10: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN A
20:25: ALEVÍN A - CELTA

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final; mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso o domingo 14 de maio.

O Alevín B arrinca mañá o Reno Cup en Osnabrück (Alemaña)

O Alevín B participa no Reno Cup, cuxo escenario será a cidade alemá de Osnabrück, no estado da Baixa Saxonia.

O cadro branquiazul forma parte do grupo B, co Arminia Bielefeld, Borussia Neuenhaus, FC Bissendorf, FV Neuenhain e Burg Gretesch I.

O calendario da Primeira Fase, que se inicia mañá sábado, é o seguinte:

Sábado 13 de maio
9:00: ALEVÍN B - FV NEUENHAIN
9:38: FC BISSENDORF - ALEVÍN B
10:16: ALEVÍN B - BORUSSIA NEUENHAUS
10:54: ARMINIA BIELEFELD - ALEVÍN B
11:32: BURG GRETESCH I - ALEVÍN B

Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha Segunda Fase, que se celebra inmediatamente.

O Benxamín B xoga en Camariñas

O Benxamín B xoga mañá sábado 13 de maio a segunda edición do Torneo As Baleas, que se desenvolverá no campo de fútbol Hermanas Patiño de Camariñas.

O conxunto deportivista que dirixe David Lagar terá como rivais ao conxunto anfitrión do As Baleas, ademais do Cabana, Fisterra e Corme.

O calendario da Primeira Fase do equipo deportivista é o seguinte:

11:30: BENXAMÍN B - AS BALEAS (campo A)
13:00: BENJXAMÍN B - CABANA (campo A)
14:30: BENXAMÍN B - FISTERRA (campo B)
16:00: CORME - BENXAMÍN B (campo B)

O catro primeiros pasan a semifinais, que se xogan a continuación.