RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Ural e Victoria, rivais para cinco equipos de #ANOSACANTEIRA

Os equipos coruñeses do Ural e o Victoria medirán as súas forzas contra cinco equipos de #ANOSACANTEIRA. O primeiro fronte a Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Infantil B (Primeira Autonómica); e o segundo contra Cadete B (Liga Galega) e Infantil A (Liga Galega).

De todos eses partidos, tres serán en Abegondo. O primeiro deles será o do Infantil B fronte ao Ural na xornada 16ª no grupo 1º da Primeira Autonómica, mañá venres ás 18:30 horas. Fronte a fronte estarán os dous primeiros clasificados e os grandes aspirantes ao título.

Para o sábado queda o Infantil A (10:30) e Cadete B (12:00 horas). En ambos os casos, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

En Segunda División B, o Fabril recibe en Abegondo o domingo 3 ao Rápido de Bouzas, a partir das 17:00 horas. Gustavo Munúa tivo unha semana complicada, posto que non puido contar nos adestramentos con boa parte do seu cadro, ben por lesión (Bicho, Luis Fernández, Carlos López...) ou ben por estar co primeiro equipo (Edu Expósito, Óscar, Quique Fornos, Blas e One).

Para os socios o acceso ao partido é gratuíto. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Compiten lonxe de Abegondo nesta ocasión o Xuvenil A (Nigrán) e Deportivo ABANCA B (Tordoia).

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
17ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 3 de decembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 37 puntos; 2. Fabril, 32 puntos; 3. Rayo Majadahonda, 30 puntos; 4. Celta B, 29 puntos...

Categoría feminina
Amigable: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Sara Igrexas -2-) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 1
13ª xornada: TORDOIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 3 de decembro ás 18:00 no campo da Rega (Tordoia)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 36 puntos; 2. Atlético Arousana, 34 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 26 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 24 puntos; 4. Umia, 23 puntos...

Categoría xuvenil
15ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL A, o sábado 2 de decembro ás 16:15 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación do grupo 1º de División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 33 puntos; 2. Celta A, 31 puntos; 3. Xuvenil A, 28 puntos; 4. Racing Club e Oviedo, 27 puntos...

14ª xornada: URAL - XUVENIL B, o sábado 2 de decembro ás 16:15 en Elviña (A Coruña)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Ural, 33 puntos; 2. Celta B, 32 puntos; 3. Victoria, 31 puntos; 4. Xuvenil B, 24 puntos; 5. Racing de Ferrol, 22 puntos; 6. Lugo B, 21 puntos...

Categoría cadete
14ª xornada: URAL - CADETE A, o sábado 2 de decembro ás 12:00 en Elviña (A Coruña)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 37 puntos; 2. Cadete A, 30 puntos; 3. Ural, 26 puntos...

14ª xornada: CADETE B - VICTORIA B, o sábado 2 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación do grupo 1º da Liga Galega: ... 3. Xuventude Oroso, 29 puntos; 4. Cadete B, 24 puntos; 5. Lugo B, 23 puntos; 6. EF Lalín, Escola Estrada Fútbol Base e Viveiro A, 22 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: INFANTIL A - VICTORIA, o sábado 2 de decembro ás 10:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación do grupo 1º da Liga Galega: 1. Infantil A, 37 puntos; 2. Calasanz, 33 puntos...

16ª xornada: INFANTIL B - URAL B, o venres 1 de decembro ás 18:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 34 puntos; 2. Ural B, 33 puntos; 3. Orillamar, 32 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A 6 (Pablo -2-, Iván, Óscar, Héctor e Guerreiro) - SELECCIÓN CORUÑESA SUB-12 1
8ª xornada: ALEVÍN A - OBRERO A, o sábado 2 de decembro ás 12:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín A (un partido menos) e Calasanz A, 18 puntos; 3. Orillamar A (un partido menos) e Atlético Coruña Montañeros A, 11 puntos...

Clasificación da Segunda, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido máis), 16 puntos; 2. Victoria B, Oza Juvenil A e Atlético Coruña Montañeros B, 10 puntos...

Categoría benxamín
8ª xornada: BENXAMÍN A - ORDES A, o sábado 2 de decembro ás 12:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Benxamín A, 19 puntos; 2. Calasanz A, 16 puntos...

8ª xornada: OZA JUVENIL B - BENXAMÍN B, o sábado 2 de decembro ás 12:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos) e Victoria C, 18 puntos; 3. Santa Cruz B, 13 puntos...