RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ural Español e Fabril FC Alevín repártense os puntos no inicio do subgrupo B de Primeira A Coruña

Ural Español CF e Fabril FC Alevín repartíronse os puntos (1-1) no primeiro partido do subgrupo B de Primeira A Coruña de fútbol 8. Thiago Montes foi o autor do único tanto fabrilista nesta primeira cita ligueira.

Fabril FC Alevín: Brais Taín, Antón Vilariño, Dani Alonso, Leo Sánchez, Yael López, Hugo Caridad, Thiago Montes e Mario González. Tamén xogaron: Alejandro Pais, Nico Torres, Manu Alcázar, Sergio Infante, David Ramos e Javi Barral.

O Fabril FC Alevín terá como outros rivais do subgrupo B ao Victoria CF, CD Calasanz e Oza Juvenil SD.

O formato de competición é de liga a dobre volta. Os tres primeiros clasificados accederán a unha segunda fase, que será outra liga todos contra todos na que entrarán tamén os tres primeiros destes subgrupos: A da Coruña, C das Mariñas, D das Mariñas e E das Mariñas.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Alevín disputará un torneo amigable en Barcelona e, por conseguinte, o seu partido de liga ante o Victoria CF da 2ª xornada xogarase nunha nova data pendente de fixar.