RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Uruguai convoca a Fede Valverde para dous partidos de clasificación para o Mundial

A Federación Uruguaia de Fútbol convocou a Fede Valverde para os próximos encontros de clasificación para o Mundial de Rusia 2018, nos que o combinado celeste deberá enfrontarse a Arxentina e Paraguai, a finais de agosto e comezos de setembro.

É a primeira citación na selección absoluta para o novo centrocampista branquiazul, que o pasado mes de xuño foi elixido Balón de Prata da Copa do Mundo Sub-20, na que Uruguai alcanzou as semifinais.

A selección de Uruguai deberá enfrontarse a Arxentina en Montevideo o 31 de agosto (20:00 hora local) e render visita a Paraguai o 5 de setembro (20:00 hora local).

O combinado celeste ocupa agora mesmo a terceira praza da fase de clasificación de Sudamérica. Os catro primeiros clasificados obterán o billete para Rusia e o quinto deberá xogar unha eliminatoria contra o campión de Oceanía cuxo vencedor tamén estará no Mundial.