RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

'Vai haber tantos equipos na pelexa que non che podes despistar nin un momento', advirte Oriol

Oriol Rise manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que "este añou para a pelexa (do descenso) vai haber tantos equipos que non che podes despistar nin un momento. Moitas veces dise 'bo, agora estamos a más

O dianteiro branquiazul ve ao equipo "nun momento de progresión, individual tamén. Como equipo, como colectivo, estamos a crecer moito. E ese é o camiño a seguir. Non podemos deixar de ter esta intensidade que tivemos nos últimos partidos. Non podemos deixar de ter esa continuidade entre liñas, estar todos moi xuntos, ser un equipo, xogar cada balón coma se fose o último. Ese é o camiño para manternos en Primeira División. Sabemos que está moi difícil e que xogamos na liga máis importante".

Opina que estes partidos ante "equipos da nosa liga son os que hai que competilos, tentar sacalos, gañalos e máis xogando en casa. Creo que (polo Eibar) é un rival directo completamente. Fixo unha moi boa primeira volta, un equipo competitivo. Para nada vai ser fácil".