RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Ao 2011 pídolle que sigamos todos unidos como ata agora

Juan Carlos Valerón, un dos capitáns do equipo, compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Se mostró agradecido coa afición polo apoio recibido e pidió "seguir unidos o Club e os afec

-Por fin sábese que hai Liga.
-Estabamos todos á expectativa. Ao final hai Liga e xa todos mentalizados.

-Máis que nunca fan falta sumar puntos dada a dificultade do calendario en xaneiro.

-Sempre cando miras ao calendario tentas facer os cálculos. Sería importante para o equipo. O inicio tan malo fai que esteamos necesitados de gañar partidos.

-Quedamos cos 25 primeiros minutos do Sporting.
-Contento a nivel persoal porque sempre un sente ben cando ten oportunidade de participar. Tento seguir aí para axudar ao equipo.

-Comentábase que non eras compatible con Juan Domínguez, pero o outro día ante o Sporting de Xixón demostrouse o contrario.
-Desde fóra espero que se viu como nós. Fixemos cousas por momentos bastante positiva, por momentos combinouse ben e iso é bo para o equipo.

-San Mamés non é unha praza idónea se cadra para este tipo de xogo combinativo.
-Son dos que penso que hai que tentar sempre manter o estilo. Tentaremos xogar ben e iso levaranos a gañar.

-¿Está este equipo capacitado para sumar 24 puntos sen facer ningunha fichaxe no inverno?
-Difícil de responder. Xa nos vimos en situacións parecidas ou peores e o equipo sempre tivo esta capacidade. Existen agora mesmo un pouco de dúbidas sobre o rendemento, pero nós confiamos en facer as cousas ben.

-O Athletic está agora no mellor momento.
-Ao longo da Liga atopámonos partidos así e outros doutras características. O mellor é afrontar os partidos coa mellor ilusión.

-Parece que están un pouco máis centrados na Copa que no  Deportivo.
-Coñecemos xa a Caparrós e nese sentido manexa ben estas situacións. Seguro que sairán a gañar e a facer un bo partido.

-¿Que lle pides ao 2011?
-A nivel persoal pídolle poder seguir gozando do fútbol e sentirme útil para o equipo. Para o resto pídolle que non haxa lesións no equipo.

-¿Que balance fas do 2010?
-Non foi do todo bo. A segunda volta non foi boa, marcada pola primeira volta que fixemos moi boa que nos fixo chegar ao final sen esixencias. Nesta primeira volta foi moi irregular para nós.

-Nese sentido, a idea é non pasar apuros e recuperar esa regularidade.
-Son unha persoa que a miña forma de ver o fútbol é a baseada na regularidade. Cando es un equipo regular, fai manterche arriba.

-Tamén es un rescatador dentro e fóra dos terreos de xogo.
-Estou aquí para axudar en todo tanto dentro como fose do campo. Todo o que fago e digo é polo ben do Deportivo e para todos nós.

-¿Pídeslle xogar máis aló de xuño?
-As cousas hai que afrontalas de maneira natural. Non me gusta pensar no futuro moi afastado. A partir de final de tempada xa se verá. Estaría condicionado seguir polo que pense o adestrador e o Club.

-O Mundial de España, supoño que para ti é a noticia do ano
-Por suposto. É un feito histórico que a medida que pase o tempo poderemos comprender mellor o importante que foi.

-¿Como leva enternar e viaxar o día 1?
-Pois o afrontamos con total normalidade e tranquilidade. Gústanos pasalo ben pero tamén nos gustar estar nas mellores condicións para competir.