Valerón comeza a traballar para a súa recuperación
O deportivista Juan Carlos Valerón traballará no ximnasio este xoves co readaptador físico do Club, Carlos Lalín, para iniciar a súa recuperación. O obxectivo, conseguir que Valerón traballe co grupo antes de dous meses.
Valerón sufriu unha fractura sen desprazamento do terzo medio do peroné da perna esquerda no transcurso do Deportivo - Valladolid da última xornada de Liga.