RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón destácase como o xogador da liga que máis faltas recibe

Juan Carlos Valerón marcha destacado á fronte dos xogadores da liga que máis faltas recibiu no que vai de competición. Segundo unha estatística que publicou onte domingo o diario As, ao canario fixéronlle un total de 70 faltas, cinco máis que o levantinis

Ademais, Luque, con catro goles, só é superado polo espanyolista Maxi, con cinco, na clasificación de goleadores fóra de casa. O dianteiro catalán, ademais, rematou á portaría rival un total de 48 ocasións, ocupando a cuarta posición desta clasificación, por detrás de Nihat (69 remates a portaría), Etoo (55) e Oliveira (54).

En canto ao aspecto defensivo sobresae Jorge Andrade, con 112 recuperacións de balón. O internacional portugués, subcampión de Europa coa selección lusa, está superado por Milito (136 recuperacións), Álvaro (127), Puyol (121) e Perea (118).

En canto ao xogo colectivo, o Deportivo é o equipo que máis goles cultivaron os seus suplentes, cun total de cinco. Ademais, é o terceiro en canto a remates realizados, con 226, só superado polo Xetafe (231) e polo Barcelona (268).