RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón é o xogador da liga que máis faltas recibe

Segundo destaca hoxe en Diario Deportivo Marca, Juan Carlos Valerón é o xogador da liga Española que máis faltas recibe. Ao canario fixéronlle 104 infraccións, dúas máis que ao levantinista Ettien (102). Terceiro nesta peculiar clasificación é o zaragocis

Por contra, é un dos futbolistas máis limpos da categoría. Tan só viu dúas cartolinas amarelas, unha ante o Betis en Riazor por cambadela e outra tamén ante o Zaragoza na Coruña, por disputar un balón a un contrario cun ferro. En ningún caso, pois, recibiu amoestación por protestar polas faltas reiteradas á que lle someten os seus marcadores.