RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Estamos contentos coas sensacións

Juan Carlos Valerón, un dos capitáns do Deportivo, cre que o equipo fixo un partido "serio" ante o Sevilla no Teresa Herrera. "Tentamos facer o que adestramos durante a pretemporada. A primeira parte foi boa, intensa, cun ritmo alto&

Asegura que os xogadores "estamos contentos coas sensacións. Estamos na liña que queriamos. Só falta que empezo ésto".

Volve insistir que haberá "partidos difíciles" e que "haberá que adaptarse ás situacións que vaian xurdindo con moita ilusión".

O equipo adestrouse esta mañá no Mundo do Fútbol e descansa mañá martes. O mércores 17 haberá dobre quenda de adestramento. Xoves, venres e sábado, o persoal traballará só pola mañá, á espera de viaxar ese mesmo sábado a Cartaxena.