RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Hai que gañar partidos e ser competitivo. É a única realidade que hai no fútbol

Juan Carlos Valerón, un dos capitáns do Deportivo, atendió aos medios de comunicación na sala de prensa do Estadio, minutos antes de subirse ao autocar que trasladó ao primeiro equipo a Vilalba. "É importante estar all&iac

Verlo en canaldeportivo.tv

Ve aos seus compañeiros "moi tranquilos e moi ilusionados", case unha semana despois de iniciar a pretemporada.

Encaixa con naturalidade declaracións nas que sitúa ao Dépor como un dos favoritos: "É evidente que o Deportivo leva moitos anos en Primeira e agora, en Segunda, e co equipo que hai, é normal que os equipos o vexan como un rival difícil. Nós tentaremos ser normais, traballar e facer bos partidos".

Para Valerón, a clave é "gañar partidos e ser competitivo. É a única realidade que hai no fútbol". "Nós somos conscientes de que temos un bo equipo, que temos posibilidades, e agora hai que trasladalo ao campo e que se traduza en resultados", engade.

Verlo en canaldeportivo.tv
Pola súa banda, David Rochela, tamén ante os medios de comunicación, cre que esta pretemporada "igual é a máis importante da miña carreira". Busca o central internacional un oco no primeiro equipo "e voume a tomar moi en serio o verán para logralo".

Do mesmo xeito que Valerón, Rochela ve normal que os demais vexan ao Deportivo como un dos favoritos. A súa receita é "levalo con naturalidade, conscientes de que haberá equipos que veñan a Riazor un pouco a esperar a ver que pasa".