RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: O Dépor necesita tempo e recursos

Juan Carlos Valerón, un dos capitáns do Deportivo, atendió esta mañana aos medios de comunicación nas instalacións de A1 Sport Wellness na Grela, onde o persoal disfrutó dunha mañana practicando o pádo.

O capitán, que protagonizou un bonito partido facendo parella con Juan Rodríguez, fronte a Lotina e a José Sambade (preparador de porteiros), eloxiou esta medida do corpo técnico para relaxar un pouco ao grupo despois de moitos e difíciles meses de competición. Cre o internacional grancanario, xusto o día do décimo aniversario do título de Liga, que o Club volverá pelexar por cotas máis altas: "Necesita tempo e recursos", proclama.

Mañá xoves, o equipo realizará unha última sesión de adestramento antes das vacacións. Será no Mundo do Fútbol a partir das 10.30. Nela xa non estarán Ze Castro e Gardado, concentrados con Portugal e México respectivamente; e Lassad, xa de descanso ata a segunda semana de xuño, na que comezará na Coruña unha pretemporada con traballo específico baixo a supervisión dos técnicos e preparadores branquiazuis. O resto do persoal está citada de novo o 8 de xullo ás 20.00 horas en Riazor.

Seguirán traballando uns días máis na Coruña estes xogadores que sufriron lesións de longa duración: Filipe, Angulo, Adrián López "Piscu" e Juan Domínguez.