RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: O que nos pasa non é diferente do que lle sucede a outros equipos

Juan Carlos Valerón compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. "O que nos pasa non é diferente a outros equipos. Temos unha primeira volta moi boa, logo sufrimos un bajón e acabamos ben a liga&quot

-Unha pena que o equipo se desinfle despois de tantas xornadas en postos europeos.
-O fútbol ten estas cousas. En todo momento habemos tentando transmitir ser un equipo o máis equilibrado posible, tanto nos bos como nos malos momentos.

-Unha das características do Deportivo é a súa intensidade. ¿Faltou ante o Xetafe?

-Está claro que non estamos ao nivel que antes. Fixemos unha primeira volta moi boa e sufrimos un gran desgaste. Son cousas normais. Todo pasa por ser conscientes da situación e porlle remedio.
-A pesar dos resultados e da mala serie, o Dépor podería acabar a xornada a tres puntos da UEFA.
-O que o fixemos tan ben na primeira volta fai que pase ésto.

-Se o domingo era un partido importante, o próximo ante o Atlético de Madrid tamén será clave porque está a cinco puntos por baixo.
-O obxectivo é volver facer as cousas ben e xogar o mellor que sabemos. Non é nada diferente o que nos ocorre ao que lles pasa a outros equipos.

-¿Pódese seguir falando de Europa ou é mellor rexeitar esa palabra?

-O noso obxectivo debe ser gañar o máximo número de partidos posibles ata o final. Ese debe ser o noso obxectivo. E se con iso podemos chegar a Europa, pois mellor.

-¿Hai un baixón físico no equipo?
-Eu non o diría pero está claro que é moi difícil manter un mesmo nivel durante toda a liga. Hai bos momentos e hai que aproveitalos e malos momentos, nos que hai que animarse para saír canto antes.

-¿O persoal relaxouse tras lograr a permanencia?

-Non. Estamos a pelexar por Europa e non podemos caer en ningunha clase de relaxación.

-¿Hai algo novo sobre a súa renovación?
-De momento non. Agora preferimos centrarnos no equipo, que está a pasar unha fase moi importante da tempada. Logo haberá tempo para falalo.