RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: O vestiario está unido e consciente da situación

Juan Carlos Valerón chega no seu mellor estado de forma xusto no momento decisivo da tempada. O eterno "21" deportivista foi un dos futbolistas más eloxiados polos medios de comunicación no partido ante a Atlético de

Esta mañá, en rolda de prensa, o capitán asegurou que o vestiario "está unido", "con confianza" e "consciente da situación na que estamos".
 
Ademais, Valerón mostrouse relativamente preocupado polos resultados que poidan cultivar terceiros equipos: "Temos que pensar en sacar nós o catro puntos. Se non somos capaces, está claro que non merecemos seguir en Primeira".
 
Acatou as decisións arbitrais dos últimos partidos ("os árbitros fan as cousas o mellor que poden") e tamén respecta as alienaciones do Real Madrid e Barcelona, onte rivais de equipos que están a pelexar co Dépor por evitar o descenso: "Cada un a estas alturas fai as cousas como cre conveniente e mellor para os seus intereses".
 
Os titulares onte ante o Atlético de Madrid tiveron sesión de recuperación no Mundo do Fútbol. Gardado non se adestrou con permiso do corpo técnico. Traballaron á marxe Manuel Pablo, Morel (á espera de probas médicas mañá luns) e Ze Castro, este con unha leve molestia no xeonllo.
 
Mañá luns haberá xornada de descanso. O equipo comezará a preparar a visita ao Sporting o martes ás 10.30 no Mundo do Fútbol.