RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón renova por cinco tempadas e convértese no estandarte do Deportivo

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, anunció esta tarde na Praia Club aos medios de comunicación que Juan Carlos Valerón seguirá no Club polo menos as próximas cinco tempadas. A primeira delas, o int

O dirixente branquiazul manifestou estar "orgulloso de converter a Valerón na imaxe do Club, no estandarte a nivel deportivo, filosófico e técnico". Apunta Lendoiro que "é un xogador querido en todo o mundo. Podémolo ver en todos os campos como a afección do equipo rival sempre ten aplausos para el".

Pedro Valerón, irmán e axente de Juan Carlos, deixou claro que "en ningún momento houbo un desencontro co Club nas negociacións". Ademais, pediu apoio para o Deportivo "porque hai que ser conscientes da importancia que ten o Club para a cidade. Nós vivímolo nas Palmas. Non sabedes o que botamos de menos que o equipo non estea en Primeira. O deportivismo ten que estar moi agradecido ao Club por estes marabillosos anos que pasamos e as grandes tardes e noites de fútbol". Pedro mostrouse convencido de que "co apoio de todos, o Deportivo volverá ás súas cotas máis altas. Ésto é só un paso atrás para coller impulso".

Por fin, Juan Carlos Valerón manifestou que o máis importante é que apreciou no Deportivo un desexo de que quedase no Club. Cre que a súa retirada dos terreos de xogo chegará de forma natural, con sensatez, unha cualidade que marcou a carreira profesional deste gran futbolista: "Un ten que saber cando pode axudar dunha maneira ou doutra". Confirmou que a idea é que este primeiro ano, o que se corresponde coa tempada 2010-11 estea no equipo. "Logo veremos as miñas funcións segundo as necesidades", engadiu.

Mostrouse "incómodo" ante palabras como icona, referente... "Sempre trato de ser o máis natural posible. E procuro, iso si, que todas as cousas que fago facelas co corazón".