RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Todos estamos moi identificados e enganchados

Ao terminar o adestramento de hoxe luns, Juan Carlos Valerón compareceu ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. -Que tal sentou este parón na competición? -Pois ben. Eu creo que a nós, que levamos moito tem

-Como afrontades este partido amigable en Vecindario?
-Pois como un partido de preparación. Tentaremos afrontalo coa maior seriedade e facer as cousas ben.

-Un principio de tempada atípico para tí porque non estás a entrar no once inicial.
-Eu o que tento é facer as cousas ben, obedecer o que me di o adestrador e nada máis. O equipo é o máis importante.

-É unha vantaxe para vós sobre o Atlético a Intertoto.
-Eu creo que non. A estas alturas da tempada todos os equipos xa están ben.

-Acaba de dicir o seleccionador de España, Luís Aragonés, que os que non xoguen nos seus clubs non irán ao Mundial.
-Se el dio, pois será así. El é o que manda.

-Creedes no proxecto deste Deportivo?
-Si. Todos estamos moi identificados con el e moi enganchados.

-O partido de Liga do sábado ante o Atlético de Madrid é un partido de aspirantes?
-Iso é para a prensa. É un partido importante porque xogamos en casa, ante a nosa xente, e é importante meterse aí, con seis puntos en dous partidos.

-É especial para vostede polo seu pasado colchoneiro?
-Si. Sempre que xogo ante un dos meus ex equipos o vivo dunha maneira diferente porque formaches parte dese club e polos recordos que levas.

-Como leva a súa contorna -familia, amigos...- a súa suplencia no Deportivo?
-A miña situación non é tan mala como dicides. Eu o que vou tentar é facer as cousas ben e sempre tratar de adaptarme ao que quere o adestrador.