RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Xogarei seguro esta tempada

Juan Carlos Valerón compareció esta tarde na sala de prensa de Riazor acompañado polo traumatólogo do Deportivo, Rafael Arriaza, un dos especialistas que operó ao internacional canario.

O futbolista do Dépor comentou aos medios de comunicación a súa satisfacción por contar xa coa alta médica, trámite que se fará efectiva mañá mércores. Ademais, asegurou que "se vai todo como ata agora, xogarei seguro esta tempada".

Valerón admitiu que agora entra nunha etapa de posta a punto e que a partir de agora "será o adestrador o que decida cando será o momento oportuno de saltar ao terreo de xogo".

Respecto da situación do equipo, Valerón admitiu que o equipo "está nunha situación difícil e que agora é cando temos que asumir todas as críticas e tomar responsabilidades para sacar ésto adiante".

Rafa Arriaza explicou o que supón a alta médica, derivado de que "Juan Carlos non deixa de ser un traballador máis". Así mesmo, o traumatólogo coruñés manifestou que "afortunadamente, neste Club non hai ningún tipo de presión para recuperar a futbolistas, que si hai noutros clubs".