RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Valiosa igualada do Deportivo ABANCA B en Sanxenxo

O Deportivo ABANCA B logrou unha valiosa igualada (2-2) no Novo Campo de San Pedro ante un dos favoritos no grupo 1º de Primeira Nacional, o Viaxes InterRías FF.

Este mesmo verán visitou este campo o primeiro equipo feminino do Club, o Dépor ABANCA, con motivo do Trofeo Concello de Sanxenxo. Neste caso a vitoria foi branquiazul pero pola mínima (0-1) grazas a un gol de Jone Ibáñez 'Ibi'; boa proba da fortaleza das Viaxes InterRías FF no seu feudo.

Nesta primeira xornada ligueira, o Deportivo ABANCA B viuse obrigado a remontar após o acerto pontevedrés nos dous primeiros terzos do partido. As pupilas de Kevin Cabado apertaron o acelerador no tramo final e conseguiron unha merecida igualada, con goles de Paula Monteagudo e Noela. Mágoa que o Dépor ABANCA B non aproveitase algunha do tres oportunidades máis das que gozou para poder marcar un terceiro gol que suporía a vitoria.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Eva, Paula Novo, María Calvo, Aroa González, Marta Rico, Iria Otero, Paula Monteagudo, Elena López 'Cusi', Uxía Cabada e Noela. Tamén xogaron: Andrea Ansede, Laura Testa, Laura Otero, Marta Méndez e Antía Brage.

A próxima fin de semana visitará Abegondo o Sporting de Gijón B.