RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Valverde fala de "boas sensacións" e Andone espera "unha temporada tranquila"

Fede Valverde e Florin Andone atenderon aos medios de comunicación, nada máis finalizar o encontro nas Eiroas (Carballo).

O mediocentro uruguaio destacou que o máis importante "é o adestramento da semana. O partido é un plus que hai que aproveitalo para o arranque de LaLiga. O máis importante é como adestramos o día a día".

Valverde subliñou do amigable ante o Bergantiños que "non se lesionou ninguén. Gañouse e ímonos tranquilos de fin de semana".

A nivel persoal, manifestou que "as sensacións por agora son boas. Esperemos que siga así".

Pola súa banda, Florin Andone, goleador de novo, recoñeceu ante a prensa que "aínda non estou ao meu nivel".

O internacional romanés apunta que "é moi pronto para saber o que nos deparará a temporada, pero temos moita ilusión por facer as cousas ben. Esperemos que sexa unha tempada tranquila".