RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Vázquez: Confío en que a xente nos axude a superar o mal momento do equipo

Fernando Vázquez reconoció en rolda de prensa nos Pajaritos que "non estamos nun bo momento. O equipo non está alcanzando un nivel de rendemento que nos permita gañar un partido".

Lembra iso si que "dependemos de nós mesmos para conseguir o ascenso e a próxima témola xa o domingo. Niso témonos que concentrar xa e a ver se o sacamos adiante".

Do rival, Fernando Vázquez cualificouno como "un equipo dinámico, presionante, rápido, de calidade. Un equipo ben dirixido. Non esperaba eu ter tampouco tantos contratempos no transcurso do encontro e ao comezo. Pero bo, é xusta a vitoria do equipo de casa".

No entanto, o adestrador branquiazul confía "en que a xente nos axude a superar o mal momento do equipo, agora ao final".