RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Vázquez pide ''tensión máxima, concentración máxima, esforzo máximo''

Fernando Vázquez se presentó na sala de prensa de Abegondo esta mañana cun obxectivo claro entre cella e cella: rebaixar a euforia que pode vivirse en torno ao equipo, tras a súa rotunda vitoria ante o Recreativo e a picada do Eibar.

Por esta razón, o técnico deportivista pide "tensión máxima, concentración máxima, esforzo máximo para todos". "A situación é bonita pero non é relaxante, como para botarse a durmir".

Insiste en que "levamos un cacho de ventaxa pero non é significativa. Hai que ter vos pés non chan. Vos rivais vennos como un equipo sólido, pero é un pensamento deles".

Opina Fernando Vázquez que "estando onde estamos, caer sería unha gran decepción. Pero non quero pensar niso. Se algo ten este equipo é regularidade. A nosa regularidade permítenos estar nos postos de arriba. Se levamos así este seis ou sete meses, porqué agora imos empeorar".

Sobre o Mallorca, rival do Dépor este domingo (12.00 horas, Canle Plus 1) no Iberostar Estadio, cre o adestrador deportivista que ten un persoal "impresionante, cun gran presuposto, e sen embargo está aí, a catro puntos do descenso. Por iso para eles é un partido importantísimo".