RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Venda de entradas na ponte para o Dépor-Zaragoza do domingo 8 en ABANCA-RIAZOR

Continúan á venda as entradas para o encontro da 19ª xornada de LaLiga SmartBank no Estadio ABANCA-RIAZOR, o domingo 8 de decembro ás 16:00 horas contra o Real Zaragoza.

O prezo das entradas oscila entre os 30 e os 10 euros, con ofertas especiais para socios e accionistas do Club entre 15 e 5 euros. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 150 euros.

Online as entradas pode comprarse en www.rcdeportivo.es/entradas. 

O sábado pódense comprar nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).

O domingo, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor e desde as 10:00 na DéporTienda de Marineda City.