RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Venezuela convoca a Kika, Gaby e Michelle Romero para unha concentración en marzo

As deportivistas Kika, Gaby e Michelle Romero foron convocadas pola Directora Técnica da selección de Venezuela, a italiana Pamela Conti, para unha concentración que terá lugar en Antalya (Turquía), do luns 2 ao mércores 11 de marzo.

A Federación Venezolana de Fútbol aínda non confirmou os partidos que xogará o combinado nacional durante a súa estancia no país otomán durante esta data FIFA.

As futbolistas branquiazuis viaxarán tralo partido da 22ª xornada da Primera Iberdrola ante o CD Tacón na Ciudad Deportiva del Real Madrid, que se disputará a fin de semana do 29 de febreiro e 1 de marzo, e estarán de regreso a tempo para o seguinte compromiso do Dépor ABANCA.