RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Verdú: Desde o primeiro día o míster defendeunos a matar

Joan Verdú compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa do Mundo do Fútbol.

-Mágoa que ese balón se fose ao pau.
-Si. Pero lamentablemente íase afastando conforme chegaba á portaría. Unha pena.

-O partido de onte foi unha antítese do encontro ante o Almería.
-Estabamos confiados en facer un bo partido e conseguir esta primeira vitoria que nos facía moita falta.

-Un triunfo que ademais dá moita confianza.

-Eramos conscientes de que nas dúas primeiras xornadas non fixemos as cousas ben. Onte xogamos un bo partido e en actitude tamén estivemos ben.

-Polo visto ante o Betis, haberá que dicirlle ao míster que che poña de mediapunta en lugar de mediocentro.
-Para min, todo o que sexa xogar está ben.

-A bancada de Riazor por fin gozou.
-Fixemos o que lle gusta á xente e a todo o mundo. Entramos polas bandas e centramos moitos balóns.

-¿Cambiou o rol de Verdú no equipo?
-Eu vou traballar para sentirme un máis e achegar o meu granito de area.

-Ademais, contas coa confianza do míster.
-Sinto moi ben e as veces que el falou de min fíxoo moi ben.

-Nos dous primeiros partidos, Lotina rompeu unha lanza a favor do persoal. Iso para vós tamén é importante.
-Xa desde o primeiro día defendeunos a matar. A súa idea de fútbol é a que temos todos no vestiario.

-¿Que tal con Gardado?
-Cun xogador da súa calidade é moi fácil. Pero non só con el, con todo o mundo. Temos futbolistas capaces dese xogo combinativo.

-¿A imaxe do equipo vai ser diferente en casa que fose?
-Non. Sairemos igual en Xetafe. A xogar ao fútbol e, o que é máis importante, a gañar o tres puntos.