RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''a Copa é unha competición moi bonita, na que temos depositada moitísima ilusión''

  Víctor Sánchez do Amo, en rolda de prensa en Abegondo, pasa página ao histórico 2-2 do pasado sábado no Camp Nou: "a competición é así. O que conseguiches xa está acumulado na marca

Para o encontro de Copa de mañá martes en Riazor (20.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante a Llagostera, recoñece Víctor que "temos dúbidas con respecto á aliñación porque nestes partidos préstanse a facer cambios nos onces".

Iso si, a pesar de que o conxunto catalán milita na liga Adiante, asegura o técnico deportivista que a preparación é "exactamente igual ao resto de partidos. Analizamos ao rival esperando a mellor das súas versións, como fixemos no partido de ida".
 
Opina que hai que aproveitar "que temos un persoal amplo que nos permite confeccionar diferentes onces, diferentes alternativas, cos diferentes sistemas que manexamos. E como o nivel competitivo é moi igualado, e os xogadores están a demostralo semana tras semana, podemos permitirnos facer eses cambios".
 
Víctor subliña que non permitirá relaxación nos seus futbolistas porque "estamos nunha competición moi bonita, na que temos depositada moitísima ilusión. E para iso hai que tomarse os partidos co máximo interese".
 
 
Pola súa banda, Miguel Cardoso, que debutou en liga o pasado sábado no Camp Nou realizando ademais un gran partido, asegurou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo que agora "teño ganas de dar continuidade. Mañá pode ser outra oportunidade para poder aproveitala".
 
Do debut, asegura que "é un recordo que nunca me vou a esquecer, porque era un obxectivo que tiña, ademais contra un Barcelona no Camp Nou. É un debut que todos os xogadores soñan e teño moita sorte de poder gozalo".
 
Despois de varios meses de espera, Cardoso advirte que "xa sabía que tiña que crecer, traballar, esperar pola oportunidade e cando a tivese tentar aproveitala. Agora a seguir crecendo".
 
Tivo sempre claro o extremo luso que "nunca pensei saír do Deportivo. Sabía que ía ter que esperar e foi o que fixen. Tentei traballar o mellor que podía. A oportunidade chegou e tentei aproveitala".
 
Recoñece que o sábado ante o Barça "as cousas saíronme ben. Os compañeiros apoiáronme sempre, motiváronme moito e claro que despois do partido todos felicitáronme. Grazas a eles as cousas puideron saír ben".