RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor advirte ''o partido é de máxima dificultade. Enfrontámonos a un rival de nivel altísimo''

  Víctor Sánchez do Amo calificó de "moi bonito" o partido de mañana sábado en Riazor entre o Deportivo e o Sevilla (22.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol). O técnico deportivista su

Defende Víctor que a situación actual do Deportivo, quinto na táboa da liga BBVA, é "froito do traballo. Ninguén regala nada. Imos tratar de defender o noso. Traballamos coa idea de seguir crecendo, de seguir mellorando".

 
Pola súa banda, Fernando Navarro admite que o partido ante o Sevilla, equipo no que foi capitán durante varias tempadas, é "especial. É o meu ex equipo, onde pasei os meus mellores anos como futbolista profesional. Téñolles un gran agarimo, tanto ao Club como á xente que hai. Pero o sábado é un partido máis. Tentaremos gañar, facelo todo polo equipo. Imos ir a por o tres puntos. Ao final é o importante".
 
O lateral deportivista ve a un Sevilla "con grandísimos xogadores. Subiu o nivel do persoal. Será cuestión de tempo de que empezo a enlazar vitorias e sitúese na parte de arriba".
 
Asegura pola súa banda Navarro que ao Dépor tócalle agora "manter esta dinámica, esta ilusión que creamos entre todos. Cuantos máis partidos gañemos e mellor esteamos, conseguiremos o obxectivo de salvarnos antes".