RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor analiza os cambios na convocatoria na véspera de recibir ao Espanyol

Víctor Sánchez do Amo explicó en rolda de prensa os cambios na convocatoria e no once inicial do partido de mañana domingo ante o Espanyol (16.00 horas, Riazor), como a entrada de futbolistas como Lopo ou Oriol Rise; ou a saída

Ademais, lembra que o Espanyol "tivo dous días enteiros máis de preparación (xogou o seu partido ligueiro esta semana o pasado martes). É importante poder contar coas posibilidades que nos dá o noso persoal para ter as forzas intactas e ao cento por cento desde o punto de vista físico".

Neste sentido, subliña que "temos 26 futbolistas e as convocatorias están complicadísimas. Encantados do traballo e da implicación de todos. É moi difícil facer a convocatoria para todos os partidos".

Pola súa banda, Fayçal Fajr, autor do gol da vitoria o pasado xoves en Sevilla ante o Real Betis, subliñou que se atopa "moi ben aquí, no equipo, no Club".

O atacante deportivista pide mañá domingo ante o Espanyol "entrar ao partido con máis actividade, máis enerxía porque o dez, quince primeiros minutos non foron bos (contra o Sporting de Xixón)".