RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor asegura que ''as nosas sensacións como equipo son cada día mellores''

Víctor Fernández manifestó esta mañana en rolda de prensa que "o partido do domingo é o realmente importante para nós porque é importante después dunha derrota dolorosa conseguir un triunfo, porque é un rival equipa

Á espera de comprobar mañá sábado, no último adestramento previo ao encontro ante o Almería, o estado físico de Cavaleiro e Fariña, Víctor opiona que "houbo contratempos inesperados e desgraciados. Hai que buscar solucións e temos solucións suficentes para afrontar con garantías o partido".

Explica Víctor que "as análises (das dúas últimas derrotas) hai que facelos a partir do resultado. É así. O resultado é o que marca o punto de partida dunha análise. Eu teño que ir máis aló e ver no contido do partido o bo, o malo, o que hai que corrixir, o que hai que insistir, o que hai que potenciar... A diferenza dun xesto técnico márcache a diferenza en puntos. Por exemplo, o Celta meteu o penalti que tivo no Calderón e evitou o que sufriu contra nós. Iso son tres puntos máis na clasificación e todo se ve de maneira diferente con dous xestos técnicos illados. Pero a partir de aí, cometemos erros importantes que nos están penalizando moito; temos que ter máis continuidade na nosa liña de xogo, que xa o estamos conseguindo. Somos un equipo que queremos, que non se nos pode reprochar nada en absoluto e en éso estou moi orgulloso dos meus xogadores; e despois de encaixar un golpe tan duro como foi o primeiro gol (o pasado martes en Balaídos) custounos levantarnos, custounos respirar e conseguímolo no últimos oito ou nove minutos do primeiro tempo e fixemos un moi bo segundo tempo para actuar como visitante nun campo importante como é o do Celta e esa ten que ser nosa liña. As nosas sensacións como equipo son cada día mellores. Temos que corrixir cousas, buscar solucións e por suposto gañar partidos".