RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor cre que o encontro ante o Vilarreal é 'de máxima dificultade'

Víctor Sánchez do Amo manifestó hoxe na sala de prensa de Abegondo que o partido de mañana domingo 3 de xaneiro en Riazor (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante o Vilarreal é de "máxima dificultade, porque

Explica o técnico branquiazul que o conxunto castellonenco, "co sexto orzamento na liga están cuartos, ou sexa que están por encima de equipos que teñen maior capacidade económica. O refacho de resultados que levan así o demostran. Vainos a pór as cousas moi difíciles, sen ningunha dúbida".

Insiste Víctor en que "o noso obxectivo está clarísimo, buscar tres puntos máis cara á permanencia. Ese é o obxectivo que está marcado no Club desde principio de tempada. E o único que hai. Nós somos ambiciosos e imos tentar acabar a tempada o máis arriba posible. Pero o obxectivo é único, manter ao equipo en Primeira que é o que lle pode dar a estabilidade que necesitamos para crecer".

Pola súa banda, Luís Alberto, tamén en rolda de prensa, cre que neste mes cargado de partidos "hai que seguir indo partido a partido. Todos os partidos son importantes. Mañá dá igual que sexa o Vilarreal ou o equipo que sexa temos que tentar conseguir o tres puntos, seguir sumando e unha vez que a salvación matemática estea feita, pois entón tentaremos outros obxectivos".

O atacante andaluz vaticina mañá un partido "bonito. Os dous equipos estamos aí arriba e imos pelexar de ti a ti".