RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor e Manuel Pablo participarán o domingo nunha campaña de prevención do HM Modelo

  O adestrador do Real Club Deportivo, Víctor Sánchez do Amo, e o capitán do equipo, Manuel Pablo, sumarseán o domingo ás 13:00 horas no Obelisco a cámpaaña “Non te arrisques, corazón” que pon

Tras a doazón de dez desfibriladores ao Real Club Deportivo, o Hospital HM Modelo pon en marcha esta campaña que pretende sensibilizar á poboación da súa área de influencia sobre a necesidade de observar uns hábitos saudables que contribúan a previr eventuais problemas cardiovasculares. Para iso, durante todo o domingo, o centro sanitario trasladará ao Obelisco unha carpa á que acudirán todas as persoas que o desexen para someterse de forma gratuíta a un test de avaliación do seu risco cardiovascular. Alí, ademais de medirlles a tensión, o nivel de colesterol, o peso, etc…, persoal especializado someteralles a un test para avaliar os seus hábitos, antecedentes propios e familiares, etc, achegándolles un informe final coa porcentaxe de risco que presentan.
 
Ademais da presenza do adestrador e o capitán, o Deportivo tamén protagoniza a nivel de imaxe a campaña a través dos dous porteiros do equipo, Germán Lux e Fabricio Agosto.