RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''É un pasito máis á consecución do noso obxectivo da permanencia''

Víctor manifestó na sala de prensa do Coliseum Alfonso Pérez que o partido "estivo moi disputado. Tivo alternativas, tivo ocasións quizás más claras para o Xetafe, Germán (Lux) estivo moi ben, sobre todo en s

Cre o técnico deportivista que o choque "tivo momentos nos que dominou o xogo calquera dos dous equipos. Houbo incerteza polo resultado, moitas disputas, moito xogo dividido".

Deu Víctor o empate "por bo, porque tamén entendemos que non fixemos o partido que queriamos facer. Con balón non estivemos acertados e faltounos esa fluidez para xerar ocasións máis claras". Un punto, segundo o adestrador deportivista, que "nos permite chegar con 27 ao final desta xornada. É un pasito máis á consecución do noso obxectivo da permanencia".

Acaba un 2015 que para Víctor "vai ser moi especial, moi emotivo, que sempre lembrarei. Non é momento de facer análise senón momento para seguir traballando".