RCD / NOVAS

Víctor: ''Equivocámonos tres veces e encaixamos dous goles''

  O adestrador do RC Deportivo, Víctor Sánchez do Amo, fixo hincapié na enorme penalización que sufrió o equipo branquiazul ante o Real Betis porque “equivocámonos tres veces e encaixamos dous goles”.

14/02/2016 01:05

O técnico deportivista quedou co positivo do xogo do equipo e o apoio da inchada. “Empatamos con ovación da nosa afección aos xogadores. Fixemos un partidazo, dos mellores da tempada. Non sei en canto estará a marca de remates nun partido, pero fixemos vinte e cinco. Entendemos que só podemos felicitar aos nosos xogadores”, analizou o técnico deportivista.
 
Sobre as dificultades que entraña medirse a calquera equipo de Primeira División, Víctor destacou que “nos equivocamos tres veces e encaixamos dous goles. Xeramos xogo por fóra e por dentro, moitas paradas do porteiro rival, rivais que sacaron balóns na liña de gol…”
 
“O bo é que en lugar de estar desgustados e sufrindo por quedarnos sen carga, pois un punto é un punto e permítenos seguir sumando. Aínda que por merecementos deberían ser tres esta xornada, igual que outras moitas máis. Pero o esforzo e a dinámica do equipo fainos estar tranquilos e confiados”, insistiu o preparador branquiazul.
 
 
Pola súa banda, Juan Merino, adestrador do Real Betis, falou dun “partido vibrante” e dun Deportivo que lle “encantou”.
 
“Sacamos un punto moi importante nun campo moi difícil, nun dos mellores partidos que lle vin ao Deportivo”, analizou.
 
Sobre a actuación de Antonio Adán, afirmou que “estivo como vén estando normalmente, é un grandísimo porteiro, un porteiro que nos dá moitos puntos”.

Máis novas de: VÍCTOR SDA

RCD / Noticias Relacionadas