RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''Estamos nunha carreira cara á permanencia e todo o que é sumar é moi positivo''

  Víctor Sánchez do Amo subrayó na sala de prensa que "nós estamos nunha carreira cara a un obxectivo clarísimo que é o da permanencia e todo o que é sumar todas as xornadas é moi positivo para nós. De feito, to

Advirte o técnico deportivista que "nós tentamos e queremos gañar todos o partidos pero somos un equipo confeccionado para loitar por ese obxectivo da salvación e querémolo lograr canto antes. Por iso imos a cada encontro coa idea de conseguir o tres puntos, e cando non se pode, pois uno tamén é bo. Sobre todo están por encima de todo as sensacións de que o equipo é competitivo e non se deixa nada no campo, dáo todo".
 
Definiu o partido "moi igualado. Estamos moi contentos porque o equipo deu un altísimo nivel competitivo ante un grandísimo equipo que é o Atlético de Madrid. Creo ademais que nos enfrontamos ao mellor Atlético de Madrid desde o inicio de tempada. Foi moi bo para nós o rendemento do equipo. Puido pasar de todo".