RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''Fallamos''

O técnico do RC Deportivo, Víctor Sánchez do Amo, se autoculpó da derrota ante o Xetafe como “máximo responsable” da mesma e se mostró confiado en lograr a próxima semana no Madrigal “o re

O adestrador branquiazul asumiu toda a culpa da derrota. “Fallamos. O que queriamos era pechar a tempada co obxectivo, cun bo partido e unha vitoria. E non o fixemos. O máximo responsable é o adestrador”, afirmou con rotundidade.

“As dúas claves do partido foron a situación clara de Lucas que precedeu á contra na que nos fan o 0-1 e logo a acción do segundo cartón de Celso que nos deixou cun menos”, analizou o preparador deportivista sobre o encontro.

Sobre as dúas xornadas restantes, Víctor foi claro. “Hai rivais que lles gustaría ter a nosa puntuación. Quedan puntos en xogo e nós tamén imos xogar”, comentou. “Estamos con enerxía, forza e confianza para ir a Vilarreal e conseguir o resultado que nos vai a dar a permanencia”, respondeu ao ser preguntado sobre se se atopa apoiado e con forzas para seguir á fronte do equipo.

Pola súa banda, Juan Eduardo Esnáider, adestrador do Xetafe CF, destacou que o seu equipo logrou unha vitoria “vital” e analizou que o seu equipo está “a facer as cousas ben”.


O técnico visitante non quixo falar sobre a situación do Deportivo. Tampouco fixo cálculos sobre os puntos que farán falta para evitar o descenso. “Non hai máis conta que a de tratar de gañar o próximo partido”, aseverou.