RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández, 'convencido de que imos competir, e ademais ben'

Víctor Fernández coincidió co expresado onte en rolda de prensa por Fabricio e recalcó esta mañana ante os medios de comunicación que "non nos podemos limitar a xogar un partido sóo a defendernos, porq

Asegura o técnico deportivista "estar convencido de que imos competir e ademais ben. Os rivais van ter dificultades para gañarnos, pero nós tamén imos ter dificultades para gañar".

Cre Víctor que o Dépor o domingo no Estadio Vicente Calderón (12.00 horas, Gol T e Canle + Liga) ten que porse "á altura do Atlético de Madrid en intensidade, esforzo, traballo, disputa. Iso é fundamental".

Neste sentido, opina que o cadro colchoneiro disputa "cada pelota coma se fose a última. Pero é o carácter do adestrador e dos futbolistas. Porque para ter isto tes que ter xogadores moi competitivos. O primeiro defensor o ano pasado do Atlético de Madrid era Diego Costa, que se pegaba con todo o mundo. É unha forma de vivir, é unha forma de afrontar os partidos".