RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández e Luisinho piden apoio e unión ao deportivismo para derrotar ao Málaga

Víctor Fernández e Luisinho solicitaron esta mañana en rolda de prensa en Abegondo a unión do deportivismo de face ao partido de mañana sábado en Riazor (22.00 horas) ante o Málaga.

O técnico deportivista cre que "se somos 30.000, mellor que 20.000, e 20.000 mellor que 10.000. Se todos imos na mesma dirección, empuxando na mesma dirección e defendendo unha única bandeira, a do deportivismo, todo pode resultar moito máis sinxelo do que o imos a ter".


Pola súa banda, Luisinho opina que "todos xuntos seremos máis fortes. Mañá, co apoio dos afeccionados, os puntos vanse a quedar aquí seguro".

Noutro sentido, o atacante portugués, que renovou onte o seu contrato polo Deportivo ata xuño de 2018, desvelou estar "moi contento. Quero agradecer ao Club e ao Presidente o seu esforzo. Quero estar moito tempo aquí e estou moi contento".