RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández: É unha gran ilusión debutar xa ante a nosa afección

Víctor Fernández compareció esta mañana na sala de prensa do Estadio de Riazor, nada más concluír a sesión táctica no césped. Fíxoo repleto de optimismo. "É a mellor semana con diferenza desde q

Agarda nestes últimos días de peche de mercado a chegada de tres, "catro" reforzos. Precisamente, sobre as posibles incorporacións, confesa Víctor Fernández que "hai opcións importantes, que estamos aí. Loxicamente se uno non pode ir a un obxectivo terá que baixar o escalafón sobre as túas apetencias. Nalgúns seguimos aí. Non se o que vai ocorrer de aquí ao luns. Non teño experiencia de como se viven as fichaxes. A xente que viviu esta situación pídeme que teña paciencia, que teña serenidade e que hai que esperar. Ás veces cústame. Teño ganas de que pase o luns e de que sexa o que sexa".

Cre o adestrador deportivista que tanto o Deportivo como o Raio "son dous equipos que van querer ter a pelota. Sen a pelota imos ser dous equipos que imos sufrir máis. O Raio o ano pasado foi o terceiro equipo con máis posesión. É un rexistro que fala do seu tipo de fútbol", recalca.