RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández lembrou que 'estamos a reconstruír un equipo que acaba de subir de 2ª División'

Víctor Fernández ofreció unha multitudinaria rolda de prensa este mediodía en un dos salóns do Hotel Blue Suites de Bogotá, acompañado por Gustavo Acosta, técnico do Independente Santa Fe, rival maña

O técnico deportivista explicou os motivos que levaron ao Club a aceptar a participación na segunda xira da LFP World Challenge: "A principal razón de que o Dépor aceptase este proxecto é a intención do fútbol español de internacionalizarse, de saír das nosas fronteiras".

Víctor asegura que os encontros ante Independente e Deportivo Cali, 22 e 24 de xullo, "van ser dúas experiencias moi esixentes. Só levamos once sesións de adestramento, non fixemos ningún partido, pero vainos a enriquecer de face á preparación do futuro".

Por esta mesma razón, e ante un rival que leva cinco vitorias en cinco partidos de Copa disputados ata a data, o adestrador do Dépor insiste en que "o noso rendemento vai ser unha interrogante. O equipo non está configurado, faltan por incorporarse nove ou dez futbolistas novos. Estamos a reconstruír un equipo que acaba de subir de Segunda División".