RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández: Loitarei por gañarme o corazón dos deportivistas

Víctor Fernández (Zaragoza, 28/11/60) foi presentado esta tarde na sala de prensa de Riazor como novo adestrador do Deportivo. Estivo acompañado no acto polo Presidente, Tino Fernández; o Conselleiro responsable do Área

Firma por unha tempada e chegará en principio acompañado polo preparador físico Roberto Cabellud. Víctor Fernández é un técnico con gran  experiencia (514 partidos en Primeira División) e con títulos: Campión de Copa co Real Zaragoza, campión da Recopa co Zaragoza e campión da Supercopa de Portugal co O Porto, entre outros.

O técnico maño cualificou como "un reto", un "desafío", o proxecto que a partir de hoxe mesmo pilotará co regreso do Deportivo a Primeira División. "Loitarei por gañarme o corazón dos deportivistas", sostén Víctor.

Agradeceu ao Consello de Administración a súa confianza e márcase un obxectivo claro no banco branquiazul: "Sempre defendín un fútbol que faga gozar á xente, para que eu sexa feliz e que a xente se emocione con el".