RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor Fernández, novo socio do Real Club Deportivo

- Foto: Susi García - O adestrador do Deportivo, Víctor Fernández, se pasó este mediodía por a oficina de atención ao socio e accionista do Club para darse de alta como novo socio. Xunto aos dous carnés retira

Coas renovacións e as altas deste segundo venres de campaña, o total de abonados que ten o Deportivo para a próxima tempada a día de hoxe é de 6768, deles 1.795 novas altas.

Mañá pola mañá sábado tamén será posible renovar o carné ou darse de alta como socio branquiazul nas oficinas de Riazor de 10:30 a 13:30 horas. E en calquera momento do fin de semana a través da páxina: http://abonos.canaldeportivo.com Todos os socios (abono completo, sub 25 ou +65) que renoven por esta vía o seu abono poderán recollelo 72 horas despois, sen esperas, na Deportienda de Riazor (Horario: de luns a sábado, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas)

Está esgotada, para novas altas, a bancada de Pavillón Inferior. Á espera de que se liberen asentos unha vez concluída a campaña de renovación de abonos, os afeccionados que o desexen deberán elixir outra bancada do estadio para darse de alta como novo abonado branquiazul.
 
Toda a información e detalles da campaña de abonos 2014-2015 "Dar moito e pedir pouco" pode consultarse aquí