RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Víctor García, xogador Estrella Galicia de novembro no Dépor

O extremo dereito do Dépor Víctor García Raja levouse o trofeo como Xogador Estrella Galicia do mes de novembro, galardón que recibiu hoxe na Cidade Deportiva de Abegondo.

Os partidos contra UD Logroñés, Rayo Majadahonda e Athletic B son os que deron ao futbolista de Xeraco o premio, un Víctor García que xa fora finalista o mes pasado nunha igualada votación con Miku e Diego Villares, todos por encima do 30% dos votos. Nesta ocasión Víctor levou o 51,4% dos 2.658 emitidos, polo 32,1% de Juergen e o 16,6% de Miku, gañador do pasado mes.

Quiles, Miku e Víctor García conforman polo momento o trío de gañadores de Xogadores Estrella Galicia dos primeiros meses de competición que deixan ao Dépor como líder da categoría. "Para min é un pracer recibilo, fala ben destes últimos partidos, sobre todo do equipo, e tamén agradecer á afección que é a que mo concedeu".