RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''Imos ter que sufrir os 180 minutos''

  Víctor Sánchez do Amo vaticina unha eliminatoria de Copa do Rei ante a UE Llagostera como "dura. Non hai ningún rival que che permita facer bos resultados de maneira sinxela. Imos ter que sufrir os 180 minutos".

Advertiu o técnico deportivista esta tarde na sala de prensa do Estadio de Riazor que haberá cambios mañá no Nou Estadi de Palamós (21.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) na aliñación, como o demostra os cambios habidos na convocatoria.

Da Llagostera, explica Víctor que é un rival "que está a mostrar dúas caras. Ten problemas fóra de casa, pero un equipo no seu estadio moi forte, moi poderoso, con moi bo xogo de balón parado. Ten situacións poderosas de contraataque. Desde logo vai ser unha eliminatoria moi complicada".