RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''O terceiro gol fíxonos moito dano''

  O técnico do RC Deportivo, Víctor Sánchez do Amo, lamentó que o Barcelona recuperase a súa efectividade esta noite en Riazor e felicitó aos seus xogadores polo esforzo realizado pese ao resultado adverso.

Analizou o adestrador deportivista o encontro. “Os equipos cando están en necesidade aumentan o rendemento e nesa situación, os grandes renden preto do seu mellor nivel. Nós tivemos as nosas ocasións, pero en ningún caso tantas como o Barcelona”, comentou.

Preguntado polo estado anímico do vestiario tras a derrota, Víctor afirmou que “cando cáeche o cuarto, cáeche o quinto, é moi fodido. Fixemos unha primeira parte boa pero o terceiro gol fíxonos moito dano. En ningún momento baixamos os brazos, pero o estado anímico baixa”.
 
 
Pola súa banda, Luís Enrique, adestrador do FC Barcelona, destacou que o seu equipo foi “incriblemente” efectivo ante a portaría rival e subliñou que tivo máis opcións porque o Deportivo “non fixo exactamente” o que fixo no encontro de ida.
 
“Fixemos algo parecido ao que fixemos contra a Valencia, pero hoxe estivemos incriblemente efectivos”, destacou. O adestrador asturiano falou dun Deportivo que “non fixo exactamente o que fixo no partido de ida. Non atopamos a Busquets pero temos outros moitos xogadores de calidade para liquidalo”.