O persoal deportivista sumouse á unánime condena polo terrible atentado perpetrado esta mañá en Madrid. Víctor, xogador deportivista natural de Madrid, expresou o desexo de todos: "oxalá podamos vivir en paz e liberdade".
Para o xogador "non podemos vivir baixo a violencia, é unha inxustiza para todos" á vez que manifestou a súa condena ao bárbaro atentado e mostrou a súa solidariedade coas vítimas.