RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor pide mañá ante o Atlético moito rendemento colectivo e alta intensidade

Víctor Sánchez do Amo manifestó esta mañana en rolda de prensa que espera unha Atlético "competitivo, e en línea ascendente, con xogadores que se lles ve nun bo momento de forma como é o caso de Carrasco, ou

A xuízo de Víctor, o equipo colchoneiro aproveita ademais "moi ben as situacións de desaxuste e de desequilibrio dos rivais".

Por estas razóns, pide o técnico branquiazul aos seus futbolistas ter mañá venres ás 20.30 horas en Riazor (Canle + Liga / Abono Fútbol) "un alto rendemento en todo. A nosa idea está clarísima, moito rendemento colectivo; para frear esas individualidades, traballo colectivo; para contrarrestar esa alta intensidade que teñen de xogo, pornos á mesma altura e traballar con moita intensidade, que é algo do que adoecemos no último partido".
 
Insiste en que "a intensidade está ligada coa atención. Traballo colectivo e máxima atención para ter moi bos movementos colectivos para contrarrestar esas individualidades".
 
 
Pola súa banda, Fernando Navarro cre que o partido de mañá venres é importante "porque xogamos en casa, porque vimos dunha derrota, de tres partidos sen gañar, e canto antes saquemos o tres puntos mellor, ante un rival moi completo e moi bo. É unha oportunidade para competir ante un gran equipo".
 
O internacional branquiazul subliña que o Dépor empezou esta tempada "moi ben, pero o que se cría que isto ía ser un paseo, estaba moi equivocado. Somos o Deportivo, o ano pasado sufriuse moitísimo para manter a categoría. E este ano non vai ser diferente. Empezamos ben, pero cada partido é unha oportunidade de sumar e de afastarche dos postos de abaixo".