RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor pide moderación e serenidade na derrota e no triunfo

Víctor Fernández rebajó calquera síntoma de euforia que poida rodear ao equipo tras o 3-0 ante a Valencia do pasado domingo e manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que, "como profesionais, debem

Lembra do Espanyol, rival do Dépor este domingo, que "está a ser un dos mellores equipos da liga actuando como local. É un equipo moi físico, moi intenso, moi replegado, esperando o erro do rival para saír e fíxose forte en Cornellá".

Asegura Víctor que "aínda o podemos facer mellor" que ante a Valencia fai cinco días. "Hai apartados que podemos mellorar a nivel colectivo, hai moitos futbolistas que a nivel individual aínda poden mellorar e esa mellora individual e mellora colectiva vanse a traducir en bos partidos e bos resultados. Fixémolo moi ben ante a Valencia, pero hai que repetilo máis veces durante máis tempo, durante máis minutos, e sobre todo melloralo. Temos marxe de mellora", engade.

Con todo o persoal dispoñible fóra de Salomao, vaticinou un once inicial o domingo en Barcelona con poucos cambios respecto ao último encontro en Riazor: "É difícil que haxa cambios porque o equipo fixo un grandísimo partido ante a Valencia e creo que todo o mundo merécese a oportunidade da continuidade. Non hai razóns para buscar algunha modificación. Podería haber un cambio máximo, pero non o creo".